Nos últimos días de escola achegámonos ata a casa de Pablo Picasso. Estabamos desexando ir porque xa sabiamos moitas cousas deste pintor . Este lugar é unha casa moi antiga, e para ver onde vivía coa súa familia tivemos que subir moitas escaleiras. Observamos a cociña moi diferente ás de agora, o aseo, o salón e as habitacións que tiñan un mobiliario "raro" para nós.
Gustounos moito o dormitorio de Lola e Conchita no que estaba o seu carriño de bonecas, pero era de madeira! Abraiamos ao ver os pinceis de Picasso e algún dos seus cadros. Tamén fomos ata a Praza de Pontevedra e vimos o cole onde estudou Picasso e a pomba que hai nesa praza. Aprendimos moito e pasámolo xenial!
Se queredes ver como foi a experiencia, premede na imaxe ou na ligazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario