22 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS!!!! BO NADAL!!!




PANXOLIÑAS DOS PITIÑOS DE 5 ANOS!!

Tivemos moi pouquiño tempo para preparar a nosa actuación  e tamén  moi poucos ensaios, pero aínda así conseguimos o noso obxectivo que era pasalo ben neste último día do cole e felicitar a todo o mundo nestas datas. FELICES FESTAS!!!!
 
 



20 de diciembre de 2012

OS PITIÑOS DE 5 ANOS IMOS Á CAIXA DO CORREO!!

Na era dixital na que nos atopamos non podemos esquecer que tamén existen outros medios de comunicación, coma por exemplo, o correo postal. Por iso os pitiños de 5 anos fixemos unha felicitación de nadal, metémola nun sobre con selo e fomos botala á caixa do correo. Agora temos que agardar para recibir no noso buzón a carta dun compañeiro:
 

DECORACIÓN DO NADAL!!!

Mirade cantas cousiñas fixemos nesta época chea de maxia para nos!!!

De Collages

XOGO DE MEMORIA DOS PITIÑOS DE 5 ANOS!!

Canto traballiño pasamos para facer este xogo...Agora poderemos gozar con el!! Temos que poñer todas as cartas boca abaixo e ir levantando por parellas ata atopar a palabra que coincida co debuxo correspondente!! A xogarrrr:

De Collages

13 de diciembre de 2012

12 de diciembre de 2012

VISITA DO MAGO MARTÍN CAMIÑA!!!

Os pitiños de 5 anos gozamos hoxe coa MAXIA  do mago MARTÍN CAMIÑA!!! Estivemos moi atentos e pasámolo xenial!!! pero non conseguimos descubir os trucos....mirade que atentos estivemos: 
 

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS

Estes días andamos a ler este conto tan bonito e que tanto nos gusta, por iso deixamos aquí o enlace, para que gocedes del tamén nas vosas casas:
 
 

28 de noviembre de 2012

NON PODEMOS ESQUECER!!!!

Aínda que os nosos pitiños son moi bos, estamos recordando algunha norma que de vez en cando se nos esquece....
Os pitiños de 3 e 4 anos teñen que recordar:
 
PEDIMOS LAS COSAS POR FAVOR Y DAMOS LAS GRACIAS!! 
 


Os pitiños de 5 anos:

RESPETAMOS EL TURNO DE PALABRA!!


TRABALLIÑOS DO OUTONO!!

Antes de que remate o Outono queremos amosar algúns dos nosos traballiños, a ver que vos parecen...

Pitiños de 3 anos:




Pitiños de 4 anos:



Pitiños de 5 anos:

20 de noviembre de 2012

HOXE É O DÍA DO NENO/A!!!

Hoxe 20 de novembro é o DÍA DO NENO, xa que se conmemora a aprobación da DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO. Aquí deixamos algúns videos para que gocedes neste data:
 
Cancións dos DEREITOS DO NENO: 
 







DEREITO Á EDUCACIÓN:



DEREITO A UN NOME:



DEREITO A UNHA FAMILIA:



DEREITO DE IGUALDADE:


18 de noviembre de 2012

O MAGOSTO!!!!

Que ben o pasamos no Magosto!!! Mirade, mirade:



Estes son algúns dos traballiños que fixemos para celebrar a festa do Magosto:

16 de noviembre de 2012

MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS!!!!

Queremos agradecer a todas as familias a súa colaboración nesta celebración do Magosto!!! Estamos encantadas do voso traballo e dedicación, así da gusto!!! Moitas, moitas grazas!!!
 
 
De Collages

7 de noviembre de 2012

CHEGA O MAGOSTO!!!!

ATENCIÓN!!! O próximo VENRES DÍA 16 celebraremos o MAGOSTO!!! Para gozar desta data tan especial temos que construir nas nosas casas este trebello. É moi doado!!!
 
Precisamos dous envases de zume, leite, etc. cortados pola metade. Grampámolos e decorámolos ao noso gusto. So queda poñer un cordón de la para poder colgalo do pescozo.
Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas. Así teremos as mans ben libres para COMER MOITAS CASTAÑAS e de paso non ensuciamos o chan!!!
Se pinchades na imaxe poderedes ver o proceso:


2 de noviembre de 2012

O SAMAÍN!!!!

Aquí estamos coas nosas cabazas!!! Canto traballamos!!! Os maiores estamos escondidos detrás das caretas, a ver se nos recoñecemos.....

30 de octubre de 2012

CANCIÓN CORRE CORRE, CABACIÑA!!!

Aquí deixamos esta preciosa canción baseada no conto CORRE CORRE, CABACIÑA que estamos lendo estes días no cole:
 

29 de octubre de 2012

CANCIÓN DO SAMAÍN!!

Aquí deixamos esta preciosa canción do grupo MAMÁ CABRA relacionada co Samaín. Esperamos que vos guste: 
 

26 de octubre de 2012

CHEGA O SAMAÍN!!!!

 
Está a piques de chegar o Samaín, así que mentres agardamos, deixamos no blogue algún xogo para facervos a espera máis agradable!!
Para os pitiños de 5 anos:
 

MÁIS XOGOS DO SAMAÍN!!!

Aquí deixamos maís xogos do Samaín para todos os  nosos pitiños:

  Canción CINCO CALABAZAS:  

Decorar cabazas:

 Facer quebracabezas:
 
Tallar cabazas:
 
Xogo de memoria:


4 de octubre de 2012

XOGO DO OUTONO!!!!

Aquí deixamos un xogo co que aprenderemos moitas cousiñas acerca desta estación!!! Premede na imaxe e a xogar!!!!

3 de octubre de 2012

CHEGOU O OUTONO!!!!

Esta é unha preciosa canción que están aprendendo os nosos pitiños:



 Aquí deixamos un conto que fala do OUTONO e que ten de música de fondo o Outono de Vivaldi:

11 de septiembre de 2012

25 de junio de 2012

DESPEDIDA DOS PITIÑOS DE 5 ANOS!!!

As titoras de 5 anos estamos satisfeitas por ter posto un gran de area na formación dos pitiños. Agradecemos, de todo corazón,  ás familias as vosas agarimosas palabras.
Desexamos que aprendades moito na nova etapa que comezades e que SEXADES MOI FELICES!!!!!

 

                                                 
                                           ADEUSSSSS!!!!


A HORTA DOS PITIÑOS DE 4 ANOS!!!

Para rematar o traballo da horta fixemos a COLLEITA!!!!! Mirade que produtos tan marabillosos:

SUPER CADRO DE MIRÓ!!!!!

O resultado final do proxecto de Miró podedes admiralo neste impresionante cadro pintado  con tanta creatividade polos nosos pitiños de 4 anos:

22 de junio de 2012

OS PITIÑOS RECIBIMOS UN DIPLOMA!!!!

Que ilusión nos fixo recibir este DIPLOMA pola nosa participación no Seminario Galán coa nosa NUBE DE PALABRAS!!!!! Aquí podedes ver este diploma tan precioso!!! Tamén deixamos o enlace onde publicaron a nosa nube!!!!


XOGO DO VERÁN!!!

Aquí deixamos este precioso xogo sobre o verán!!! Premede na imaxe para acceder ao xogo:

CHEGOU O VERÁN!!!!!!!

Temos gana de descansar, temos gana de sol, temos gana de praia, de durmir, etc. Mentres chega o momento imos gozar con estas cancións!!!!







Os pitiños de 5 anos gozamos especialmente con esta canción:

12 de junio de 2012

LIBRO VIAXEIRO!!!!

Xa rematamos o noso LIBRO VIAXEIRO!!! Este é o resultado do traballo conxunto de todos os nosos pitiños!!! A ver que vos parece o conto da XIRAFA LOLA!!!

8 de junio de 2012

OS PITIÑOS DE 5 ANOS ESTUDAN A VACA!!!

O estudo do ciclo do leite espertou en nos unha gran curiosidade pola VACA, así que  decidímonos a investigar..... Este foi o resultado da nosa labor de investigación:


Tamén deixamos o conto da vaca Maruxiña, co que tanto rimos:

Algunhas cancións que falan das vacas:






7 de junio de 2012

O ESPAZO DE JOAN MIRÓ

Os pitiños de 4 anos decidimos facer unha representación do ESPAZO a través dos ollos de MIRÓ. Empregamos as cores, as liñas e as formas que el acostuma utilizar nas súas obras e este foi o resultado:

25 de mayo de 2012

OS PITIÑOS DE 5 ANOS ESTUDAN O CICLO DO LEITE!!!!

Buffff, canto aprendimos estudando o proceso do leite, dende que sae da vaca ata que chega as nosas casas.  Aquí deixamos algúns dos videos que estivemos analizando e tamén unha canción moi chula que fala do leite. A ver que vos parece:

    


    


16 de mayo de 2012

OS PITIÑOS DE 4 ANOS VAN A BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS!!!!

Que ben o pasamos na BIBLIOTECA!!!!  Cantos libros descubrimos!!! Vimos un capítulo de Caillou: CAILLOU VA A LA BIBLIOTECA!!!  Aquí deixamos as fotografías da nosa saída e tamén o capítulo de Caillou que vimos na Biblioteca:



Os pitiños de Raquel:                              
    



Os pitiños de Sagrario:

OS PITIÑOS DE 4 ANOS E JOAN MIRÓ

Continuamos aprendendo moito con JOAN MIRÓ. Estivemos mirando obras deste xenial pintor e decidimos traballar co seu cadro: AZUL Nº2. Mirade as nosas obras de arte.....

11 de mayo de 2012

NUBES DE PALABRAS!!!

Estamos aprendendo moitas cousas sobre VALENTÍN PAZ ANDRADE!!!! Así que decidimos facer nubes de palabras con todo o que sabemos xa deste escritor. Pasámolo moi ben facendo estas nubes, aínda que as veces foi difícil chegar a un consenso sobre a forma que debería ter a nosa nube.... Aquí está o resultado, xa vedes que tivemos que facer varias, esperamos que vos gusten!!!!

De Collages

SAÍDA AOS CANTÓNS!!!

Os pitiños de 5 anos fomos de excursión aos CANTÓNS!!! Alí descubrimos a CIDADE DOS SENTIDOS. A través das ORELLAS, BOCAS, OLLOS E MANS aprendimos moitas cousas acerca da nosa cidade. Cantamos cancións e fixemos moitos xogos. Tamén descubrimos un monumento que nos gustou moito: O OBELISCO!!!.



Mirade que debuxos máis chulos fixemos ao noso regreso:

De Collages

A NOSA HORTA!!!

Na nosa hortiña están medrando moitas herbas. Estes días estamos arrincando as malas herbas e enrarecendo as cenorias. Tamén estamos sachando coa axuda das nosas profes. A ver que sae de aquí....

8 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Este ano o autor homenaxeado no día das LETRAS GALEGAS é VALENTÍN PAZ ANDRADE. Nos estivemos aprendendo máis cousiñas del con estes dous xogos!!! Premede na imaxe para xogar:




7 de mayo de 2012

EL ORO DEL AZUR DE JOAN MIRÓ

Como sabedes estamos traballando a JOAN MIRÓ, un especialista da cor. Optamos polo cadro EL ORO DEL AZUR porque nos gustou moitísimo. Sobre un folio amarelo e coas ceras brandas fixemos a nosa representación desta obra de arte. Aquí tedes a versión orixinal:


E aquí están as nosas versións:



Deixamos un enlace á FUNDACIÓN DE JOAN MIRÓ para que coñezades algo máis sobre este fabuloso pintor e sobre as súas obras:
http://www.fundaciomiro-bcn.org/

OS VOLCÁNS

No Sistema Solar  está o noso planeta A TERRA, polo que tamén aprendemos algunhas cousas interesantes sobre ela.
Os volcáns foron o fenómeno natural que máis chamou a nosa atención.
Aproveitando que os nenos de 5º de Primaria tamén estaban inmersos no seu estudo, acudiron as nosas aulas a facer un experimento que simulaba a erupción dun volcán.
O noso agradecemento a súa colaboración. Foi unha experiencia estupenda. Deixamos aquí o reflexo desta experiencia e tamén  algúns debuxos:

NOCHE ESTRELLADA DE VAN GOGH

Para finalizar o tema do ESPAZO traballamos en plástica cun cadro dun pintor moi famoso chamado VINCENT VAN GOGH. El veu o ceo, as estrelas e a lúa deste xeito tan bonito. Nestes momentos xa sabemos moitas cousas sobre o cadro, o autor e a maneira de pintar dos impresionistas. Comezamos o noso traballo con este video:



E estas son as nosas versións desta marabillosa obra de arte:



4 de mayo de 2012

OS PITIÑOS DE 4 ANOS COÑECEN A JOAN MIRÓ!!!

Os pitiños de 4 anos estamos coñecendo a JOAN MIRÓ!!! Iniciamos o noso traballo cun conto que fala deste xenio da pintura!!!! Premede na imaxe:


OS PITIÑOS DE 5 ANOS VISITAN A CASA DAS CIENCIAS E O PLANETARIO!!!

Que ben o pasamos!!!! Encantounos o PLANETARIO!!!! Comprobamos todo o que sabíamos coa nosa amiguiña ESTRELIÑA FUGAZ!!!

SISTEMA SOLAR CON PLASTILINA!!!!

Os pitiños de 5 anos fixemos o SISTEMA SOLAR con plastilina!!!! A que quedou moi chulo!!!!

OS DEBUXOS DO ESPAZO DOS PITIÑOS DE 5 ANOS!!!

Aquí están algún dos nosos debuxos do Sistema Solar, dos astronautas, das naves espaciais, da nosa visita á Casa das Ciencias  e o Planetario, etc. Mirade:

XOGOS DO ESPAZO PARA OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS!!!

Agora foron os pitiños de 5 anos os que estiveron traballando sobre O ESPAZO!!! Traballamos con distintos videos e cancións do sistema solar, fixemos debuxos, murais, etc. Deixamos aquí algúns dos seus xogos preferidos!!! Premede na imaxe e a xogar!!!



30 de abril de 2012

DEGUSTACIÓN DE ALIMENTOS DOCES E SALGADOS DOS PITIÑOS DE 3 ANOS!!!

Fixemos unha degustación de diferentes alimentos doces e salgados. Probamos  xamón,  queixo, olivas, patacas fritas, galletas, biscoito e crema (natillas). En xeral, os alimentos que máis nos gustaron foron os alimentos SALGADOS!!!

   PITIÑOS DE IRIA                                     PITIÑOS DE CHELO 
                          
                                 
                                     PITIÑOS DE MAICA
                                  

25 de abril de 2012

OS PITIÑOS DE 3 ANOS VAN A BIBLIOTECA!!!

Como nos gustou a visita a BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS!!! Elena contounos moitos contos, e nos estivemos moi atentos!!!

   Pitiños de  Maica                                   Pitiños de  Iria
                       
                                Pitiños de Chelo
                            

OS PITIÑOS DE 3 ANOS FAN MUESLI!!!

Que ben o pasamos e canto aprendimos facendo MUESLI!!!! Para facer o noso muesli precisamos: MAZÁ, PLÁTANO, FRESA, CEREAIS E IOGUR NATURAL. Mirade todo o proceso:

   Pitiños de Chelo                           Pitiños de Iria                  
                      
                               Pitiños de Maica
                         

20 de abril de 2012

19 de abril de 2012

OS PITIÑOS DE 3 ANOS PLANTAMOS!!!

Estamos na Primavera, é todo está cheo de flores preciosas!!! Os pitiños de 3 anos plantamos TULIPÁNSLENTELLAS para festexar esta estación do ano tan bonita!!!

16 de abril de 2012

O PROMETIDO É DÉBEDA!!!

Temos unha débeda cos nosos pitiños de 5 anos....Estamos preparando a saída ao Planetario e están entusiasmados coa canción dos planetas, así que prometimos colgala no noso blogue. Vai por eles!!!

15 de abril de 2012

OS PITIÑOS DE 4 ANOS PLANTAN NA SÚA HORTIÑA!!!

As profes preparon a terra e agora tocábanos a nos plantar!!! Plantamos cebolo, porros, fabas, patacas e sementes de cenoria, leituga e ravo (rábanos). Mirade canto traballamos!!!



POESÍA E TRABALINGUAS DO MES DE ABRIL

Co fin de estimular a linguaxe oral dos nosos pitiños cada mes traballamos cunha poesía e cun trabalinguas. A partir de agora imos poñelos no blogue para que dende a casa podades facer uso deste recurso tan esencial.

Poesía para todos os pitiños:

CATRO PAXAROS
CRUZAN O MAR
O CUCO E MAIS A ANDURIÑA
A RULA E O PASPALLÁS

Trabalinguas para os pitiños de 4 e 5 anos:

A CARRETA DE CURRO
TEN UNHA RODA ROTA
UN RATO RUÍN ROEUNA TODA
AI, DA CARRETA DE CURRO!
AI, DA CARRETA SEN RODA!

OS PITIÑOS DE 4 ANOS VISITAN A POLICÍA NACIONAL!!!

Que ben o pasamos na COMISARÍA DE LONZAS!!! Cantas cousas aprendimos!!! O que máis nos gustou foi coñecer a cadela JANA e sobre todo poñer as luces e as sirenas nos coches patrulla!!!


AS PROFES DOS PITIÑOS DE 4 ANOS PREPARAN A HORTA!!!

Sagrario e Raquel, as profes dos pitiños de 4 anos, levan un tempiño preparando a horta para plantar nela algunhas cousiñas. Mirade canto traballaron xa...

29 de marzo de 2012

MIRADE QUE CANCIÓN MÁIS DIVERTIDA!!! COS NOSOS NOMES!!!

PAPIS, podedes escoitar esta canción co nome dos vosos pitiños!!! Soamente tedes que escribir en youtube "tina y tin", despois poñer o nome do voso/a fillo/a, e a gozar coa música!!!!



OS PITIÑOS DE 5 ANOS FACEMOS DE REPORTEIROS!!!

Fixemos de reporteiros por un día!!!! Escollimos as noticias que máis nos gustaron ou interesaron e contámolas diante da cámara, eso si, as veces, os nervios xogáronnos unha mala pasada.... xa sabedes como son os directos....

O MURAL DA PRIMAVERA DOS PITIÑOS DE 3 ANOS !!!

Aínda non o rematamos pero xa podedes ver o anticipo do que vai ser o noso MURAL DA PRIMAVERA!!! Que bonito vai quedar!!!!



OS PITIÑOS DE 5 ANOS TRABALLAMOS A PRENSA!!!

Levamos un tempiño traballando nos medios de comunicación. Queremos ensinarvos os traballiños que fixemos relacionados coa prensa escrita. Puxemos o título ao noso propio xornal e escribimos as nosas imaxinativaaaaaaaaaaaaasssssssssssss novas, mirade.....


22 de marzo de 2012

OS PITIÑOS DE 3 ANOS FAN AS SÚAS PORTADAS!!!

Este trimestre está chegando ao seu fin, pero nos xa temos preparadas as portadas dos nosos traballiños!!!! Mirade, mirade...

20 de marzo de 2012

CHEGOU A PRIMAVERA!!!!

Xa esta aquí a PRIMAVERA,  con este video podemos aprender algunhas cousiñas acerca desta estación cunha música de fondo preciosa, a primavera de Vivaldi!!!!

16 de marzo de 2012

CANCIÓNS DAS VOGAIS PARA OS PITIÑOS DE 3 ANOS

Encántannos estas cancións das vogais!!!!  Agora poderemos escoitalas tamén na nosa casiña, que ben!!!!

        

        

                              

O SON DA CHUVIA!!!!

Aínda non tivemos a oportunidade de que todos os nosos pitiños escoitaran e miraran este video xenial!!! Así que aí vai para todos vos en primicia!!!!


14 de marzo de 2012

12 de marzo de 2012

XOGOS DE MÚSICA!!!


Aquí deixamos este enlace de XOGOS MUSICAIS relacionados cos sons, cos que estivemos traballando ultimamente. A xogaaaaaarrrrr!!!!

A NOSA REPRESENTACIÓN DOS INSTRUMENTOS DUNHA ORQUESTRA SINFÓNICA

Xa coñecemos as familias dos instrumentos musicais, como se colocan na orquestra, de que están feitos, como soan, e moitas cousiñas mais. Agora podedes ver como debuxamos os instrumentos musicais da orquestra sinfónica cunha música de fondo preciosa, a ver se a recoñecedes....

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS DA ORQUESTRA SINFÓNICA!!!

Os pitiños de 4 e 5 anos estamos traballando a composición da Orquestra Sinfónica. Que tipo de instrumentos compoñen unha orquestra sinfónica, como están distribuidos, etc. Aquí deixamos unha imaxe que amosa claramente estes aspectos:

OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS ESCOITAMOS O BOLERO DE RAVEL!!!

Como nos gusta.... Escoitamos sempre con moita atención:

1 de marzo de 2012

OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS COÑECEMOS A MAURICE RAVEL!!!

Xa sabemos algunhas cousiñas acerca deste gran compositor francés, mirade, mirade...

De Collages

OS PITIÑOS 4 E 5 ANOS VAN AO PALACIO DA ÓPERA!!!

Os pitiños de 4 e 5 anos fomos a un CONCERTO ao Palacio da Ópera. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas!!! As profesoras queremos salientar o bo comportamento de todos os nenos e nenas, estamos moi orgullosas dos nosos pitiños!!!! E tamén queremos dicir que temos moi pouquiñas fotografías do concerto porque non está permitido utilizar a cámara fotográfica durante o concerto.
Aquí deixamos as fotos dos PITIÑOS DE 4 ANOS



E aquí as dos PITIÑOS DE 5 ANOS



28 de febrero de 2012

CANCIÓN AFRICANA PARA OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS!!!

Estamos traballando en distintos tipos de melodías e ritmos musicais. Como é natural temos gustos diferentes pero case todos os pitiños quedamos prendados cunha CANCIÓN INFANTIL AFRICANA, que acompañamos con palmas. Así que imos deixar aquí esta preciosa canción para que todos teñades a oportunidade de coñecela e gozar con ela:

24 de febrero de 2012

OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS PREPARAMOS A VISITA AO PALACIO DA ÓPERA!!

A próxima semana os pitiños de 4 e 5 anos asistiremos a un CONCERTO no PALACIO DA ÓPERA. Estamos realizando distintos traballiños co fin de preparar a nosa saída e, deste xeito, aproveitar ao máximo esta maravillosa actividade.
O título do concerto é Ma Mere l´oye (Mamá Oca), que é un personaxe de orixe francesa o cal nos presentará e narrará a obra. O que imos escoitar é a escolma de Maurice Ravel baseada en catro contos de fadas da tradición francesa: A Bela Dormente, Polgariño, Feuchiña e A Bela e a Besta.
Imos deixar aquí as audicións do concerto por se queredes escoitalas:

O 1º movemento: A BELA DORMENTE. O momento no que a princesa dorme é o que describe o primeiro movemento da suite.
 "Pavana da Bela Adormecida". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=k3-oAgXCnP4

O 2º movemento: POLGARIÑO. Recolle o momento no que Polgariño vai deixando caer faragullas de pan para non perderse no camiño.
"Polgariño". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=sNAz2CbjHmM

O 3º movemento: FEUCHIÑA, EMPERATRIZ DOS PAGODAS (A SERPE VERDE). Describe o momento no que a moza se da un baño purificante mentres os pagodiños e pagodiñas cantan e tocan instrumentos.
"Feuchiña, emperatriz dos pagodas". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=7vq6hAQJaRA

O 4º movemento:  A BELA E A BESTA. Ravel pon música as conversas entre os dous personaxes, a doncela fermosa e a Besta.
"As conversas da Bela e a Besta". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=Eyk-jrEIPSA

O 5º movemento: O XARDÍN DAS FADAS. Momento no que o Príncipe se achega a bicar á princesa durmida e as fadas e trasnos do Xardín do Castelo da Bela Dormente espertan despois de tanto tempo.
"O xardín das fadas". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=0WloPt3szkM&feature=related

17 de febrero de 2012

OS PITIÑOS DE 5 ANOS TRABALLAMOS A VISITA Á POLICÍA NACIONAL

Fixemos moitos traballiños relacionados coa nosa visita á POLICÍA NACIONAL. O que máis nos gustou foi facer o noso propio DNI, no que puxemos a nosa marca dixital!!! Aquí podedes ver algún deses traballiños, mirade, mirade....


De Collages

OS PITIÑOS DE 4 ANOS ESCRIBEN A RECEITA DOS PLANETAS!!

As boliñas de galleta que fixemos simulando os planetas estaban riquísimas pero faltábanos escribir a RECEITA!!!

10 de febrero de 2012

OS PITIÑOS DE 4 ANOS PASEAN POLO BARRIO!!!

Os pitiños de 4 anos saímos do cole para coñecer o barrio!!! Fixámonos moito nos distintos establecementos do barrio: FARMACIA, ÓPTICA, PANADERÍA, FLORISTERÍA, LIBRERÍA, etc. Tamén tivemos a oportunidade de falar con algún comerciante, que sorte!!! Canto aprendimos!!!

 

9 de febrero de 2012

OS PITIÑOS DE 3 ANOS TRABALLAN O NÚMERO 2!!!

Estamos traballando o número 2,  mirade que obras de arte fixemos coa axuda das nosas profes!!! Cando rematemos teremos o noso LIBRO DO NÚMERO 2, tal e como fixemos anteriormente co estudo do número 1.


OS PITIÑOS DE MARTA XOGAN NO SEU MERCADO!!!

Os Pitiños de Marta xogamos no mercado caracterizados perfectamente!! Temos bolso, carteiras, cartos, etc. Que ben o pasamos, e sobre todo CANTO APRENDEMOS!!!

3 de febrero de 2012

OS PITIÑOS DE 5 ANOS PREPARAMOS A VISITA Á POLICIA NACIONAL!!

Estamos preparando a visita á POLICÍA NACIONAL. Xa sabemos cal é a función dos policías nacionais, como é o seu uniforme, en que tipo de vehículos realizan a súa labor, cal e o número de emerxencia da Policía Nacional, etc. Aprendimos moitas cousas pero esperamos aprender moitísiiiiimas máis o vindeiro luns!!! Que ilusión temos!!!

De Collages

De Collages

OS PITIÑOS DE 5 ANOS COMPROBAMOS A TEMPERATURA!!

Xa sabemos que no inverno vai moito frío, pero queríamos saber CANTO?? Así que medimos a temperatura no interior e no exterior do noso colexio. Deste xeito fomos quen de poñer un número ao frío.

20 de enero de 2012

OS PITIÑOS DE 5 ANOS E O ESTUDO DO LUME

Mirade o resultado da nosa investigación acerca do descubrimento do lume, que vos parece?



De Collages

OS PITIÑOS DE 5 ANOS ESTUDAMOS O LUME!!!

Estamos traballando os INVENTOS, así que decidimos investigar acerca do DESCUBRIMENTO DO LUME. Xa sabemos cando se inventou o lume, como foi ese descubrimento, para que servía inicialmente o lume, etc. Aquí deixamos algún dos videos que visionamos en relación ao estudo deste tema:



OS PITIÑOS DE 4 ANOS ESTUDAN AS CONSTELACIÓNS!!!

Continuamos traballando no noso proxecto do ESPAZO,  así que agora fixemos un mural sobre as constelacións que quedou así de chulo!!!! Mirade, mirade....