27 de marzo de 2016

PASEO POLO NOSO BARRIO!!!

Comezamos a coñecer o barrio onde está situado o noso colexio, O BARRIO DE MONELOS. Hoxe paseamos ata a librería AREA, e de camiño, contamos as árbores e os farois que atopamos no noso percorrido. Tamén sacamos algunhas fotografías coa tablet para traballar posteriormente con elas.


25 de marzo de 2016

TRABALLAMOS NA HORTA!!!!

Por fin parou de chover e Antonio, o pai da profe Sandra, veu plantar cos nosos pitiños de 3 anos. Repolos, leitugas, chícharos e coles para facer un caldiño para o Coelliño Branco, Tamén plantamos patacas ás que lles saíran cornos e que agora xa sabemos que lles chamamos "ollos" e que a ferramenta que empregamos non era unha pá senón que se chamaba legoña. Coas visitas dos pais e das nais aprendemos taaaaaantas cousas. Grazas Antonio por vir pasar un anaquiño con nós!!!


16 de marzo de 2016

MARCOS ENTRENADOR DE BALONCESTO!!!!

Hoxe visitounos Marcos, e grazas a esta visita aprendemos moitísimas cousas acerca do BALONCESTO:
  • Quen, como e onde se  inventou este deporte
  • Canto duran os partidos
  • Cantos puntos valen as canastas
  • Cantos xogadores compoñen os equipos 
  • Que podo facer cando teño o balón
  • Que podo facer cando non teño o balón
  • Etc.
Tamén nos falou sobre os Xogos  Olímpicos e as seleccións españolas masculina e feminina e os seus logros e triunfos. Foi unha experiencia marabillosa!!!! Moitísimas, moitísimas grazas Marcos!!!


11 de marzo de 2016

OFICINA POLICIAL DO DNI!!!!

Hai tempo que sabemos que o noso nome aparece nos nosos colgadoiros, nas nosas cadeiras e bordado no noso mandilón. Agora sabemos que aparece nun documento importantísimo que non todos temos por iso decidimos expedilo na Oficina da Policía!!!



9 de marzo de 2016

HOCKEY INLINE!!!

Javier e Elena, pais de Teo e Lía, ensináronnos moitísimas cousas acerca do HOCKEY INLINE!!! Quedamos abraiados co ben que patinan, que profesionais!!! Tivemos oportunidade de ver como é a súa equipación, como son as proteccións que empregan nos partidos, como se chama o material que utilizan, etc. Tamén tivemos a oportunidade de xogar un pouquiño cuns sticks que trouxeron para todos nos!!! Moitísimas, moitísimas grazas!!!


8 de marzo de 2016

REFLEXIONAMOS SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO

Durante o día de hoxe estivemos pensando sobre a Igualdade de Xénero. Entre outras moitas cousas chegamos á conclusión de que non é xusto que as mulleres non puideran participar no inicio dos XOGOS OLÍMPICOS e que a día de hoxe, nalgúns países, non teñan dereito a ir á ESCOLA.
A continuación deixámosvos a cantiga "MATRIARCAS" de Guadi Galego, que nos axudou a reflexionar sobre as citadas cuestións.


3 de marzo de 2016

ARCOS IRIS CITAN AOS PITIÑOS NA SÚA PÁXINA

O grupo musical ARCOS IRIS, citan aos Pitiños do CEIP María Pita na súa páxina web. Moitas grazas pola mención. Pasámolo xenial, e así consideramos facérvolo saber. 

Se queres ler o artigo pincha na ligazón ou na imaxe.

https://sonfuturo.wordpress.com/2016/03/03/os-pitinos-nos-cuentan/


2 de marzo de 2016

CONCERTO ARCOS IRIS!!!

Os pitiños de 4 e 5 anos  asistimos a un Concerto do sexteto ARCOS IRIS no Palacio da Ópera. Foi unha experiencia marabillosa!!! Unha viaxe a través das EMOCIÓNS!! Aprendimos moitas cousas e, sobre todo, pasámolo xenial!!!!! Deixamos aquí o enderezo web do programa educativo da Orquesta Sinfónica de Galicia, SON FUTURO,  por se queredes aprender máis cousiñas:

https://sonfuturo.wordpress.com/