22 de diciembre de 2019

FIN DE ANO!!!

Chegou o Fin de Trimestre e o celebramos por todo o alto!!! Festa de Fin de Ano, entrega dos premios do Concurso de Postais do Nadal, merenda con doces típicos do Nadal, actuacións, canto, baile.....Que ben o pasamos!!!! Todo o Equipo de Educación Infantil agradece ás familias a  marabillosa colaboración e deséxavos, de todo corazón,  unhas FELICES FESTAS!!!! Premede na imaxe para ver as fotografías da festa:

https://photos.app.goo.gl/JYd1W9TxwmifuhyK9









16 de diciembre de 2019

VISITA ESCOLAR AO MUNCYT

Nesta ocasión acudimos ao Museo Nacional da Ciencia e da Tecnoloxía de A Coruña. Alí, puidemos aprender moitas cousas sobre os inventos creados polos seres humanos, entre eles, observamos o motor e o interior dun avión, así como vehículos antigos, e os primeros teléfonos móbiles. Alén diso, vimos un globo lunar, e antigas cámaras de cine; elementos que están relacionados cos proxectos educativos da escola. Por outra banda, tamén aprendimos a construír un helicóptero de papel. A experiencia foi marabillosa, se premedes na imaxe ou na ligazón veredes como nos foi.




8 de noviembre de 2019

IMOS DE MAGOSTO

ATENCIÓN!!! O próximo VENRES DÍA 15 celebraremos o MAGOSTO!!! Para gozar desta data tan especial temos que construir nas nosas casas este trebello. É moi doado!!! Precisamos dous envases de zume, leite, etc. cortados pola metade. Grampámolos e decorámolos ao noso gusto. So queda poñer un cordón de la para poder colgalo do pescozo. Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas. Así teremos as mans ben libres para COMER MOITAS CASTAÑAS e de paso non ensuciamos o chan!!! 
Se premedes na imaxe poderedes ver o proceso:

https://www.dropbox.com/s/y3mqdan76dghaqp/Magosto.doc?dl=0


Podedes traer os CASTAÑEIROS a partir do MARTES 12 para formar parte da exposición que haberá no vestíbulo do centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

2 de noviembre de 2019

29 de octubre de 2019

O SAMAÍN

Achégase o SAMAÍN así que esta semana é moi especial nós. Temos moito entusiasmo con esta data gozamos a tope e rimos moito con  historias, contos, bailes e música propios do SAMAÍN!!!! Aquí  deixamos un Symbaloo con recursos moi interesantes (contos, xogos e música). Esperamos que vos guste:



Preme aquí ou na imaxe para acceder aos contidos.

4 de septiembre de 2019

AVISOS E VOLTA ÁS AULAS


Comezamos un novo curso cargadiños de ilusión!!!! Que ganas de recibir ás nosas nenas e nenos para traballar, aprender e xogar todos xuntos!!! O comezo das clases terá lugar o MÉRCORES 11 de Setembro; pero antes recordade as seguintes datas:

Alén diso, pedimos o voso apoio para a construción dunha cuberta para a entrada ao colexio a través dos orzamentos participativos do Concello.


Rogamos a máxima difusión da nosa proposta xa que a más votada será a obra que o Concello leve a cabo. Podedes completar o proceso dende aquí:



Moitas grasas pola cosa colaboración agardámosvos cos brazos abertos!!!

DÁMOSVOS A BENVIDA!!!!


26 de junio de 2019

VISITA Á CASA DE PICASSO

Nos últimos días de escola achegámonos ata a casa de Pablo Picasso.  Estabamos desexando ir porque xa sabiamos moitas cousas deste pintor .  Este lugar é unha casa moi antiga, e para ver onde vivía coa súa familia tivemos que subir moitas escaleiras. Observamos a cociña  moi diferente ás de agora, o aseo, o salón e as habitacións que tiñan un mobiliario "raro" para nós.
Gustounos moito o dormitorio de Lola e Conchita no que estaba o seu carriño de bonecas, pero era de madeira! Abraiamos ao ver os pinceis de Picasso e algún dos seus cadros. Tamén fomos ata a Praza de Pontevedra e vimos o cole onde estudou Picasso e a pomba que hai nesa praza. Aprendimos moito e pasámolo xenial!
Se queredes ver como foi a experiencia, premede na imaxe ou na ligazón.

23 de junio de 2019

GRADUACIÓN D@S PITIÑ@S DE 5 ANOS!!!!

As/Os nosas/os pitiñas/os fanse maiores!! Xa son nenas e nenos de Educación Primaria!!! Neste acto de graduación recitamos poemas, bailamos e cantamos, pasámolo xenial!!! Agora inciamos unha nova etapa, un pasiño máis na nosa formación, que afrontamos con moitísima ilusión!!!  Feliz viaxe a Primaria pitiñxs!!!! Premede na imaxe para ver as fotografías: 

https://photos.app.goo.gl/YUSvYqDZRGAkNuwU9

2 de junio de 2019

ACHEGÁMONOS ATA O MUSEO DE BELAS ARTES

Fomos de visita ata o Museo de Belas Artes de A Coruña. Alí observamos e aprendimos sobre diversas obras de arte, entre elas, "As mariscadoras" de Luís Seoane, da que, posteriormente, fixemos a nosa re-interpretación. Que ben o pasamos e que visita tan divertida!!!

Se queredes ver como foi a experiencia clicade na ligazón ou na foto.



VISITAMOS O PARQUE DE SANTA MARGARIDA

Fomos ao parque de Santa Margarita e alí aprendimos moitas cousas: como se planta unha semente, que actividades podemos facer no parque (correr, tomar un xeado…) e tamén a colocar o lixo no contedor apropiado (plástico, vidro ou papel). Ademais, axudamos ao Señor “Cascanueces” a deixar o parque ben limpo. Pasámolo xenial! 

Se queredes ver como nos foi a experiencia clicade na ligazón ou na imaxe.




29 de mayo de 2019

RAP DA IGUALDADE DE XÉNERO

O alumnado de Educación Primaria en colaboración co seu profesorado compuxo o RAP DA IGUALDADE, co que pretende reivindicar un patio de xogos diferente ao actual, libre de estereotipos, non hexemónico, inclusivo e respectuoso coas diferenzas. Deste modo, difundimos dita obra de arte, na que o alumnado de Educación Infantil tamén participou na gravación do vídeo-clip. Parabéns por tan bo traballo!!!!



26 de mayo de 2019

GRANXA BELELLE!!!

Que ben o pasamos na Granxa de Belelle!! Canto gozamos e canto aprendemos nesta marabillosa experiencia!! Non hai máis que ver as nosas cariñas!! Premede na imaxe para ver as fotografías:


https://photos.app.goo.gl/KiTZWWE2QHGWJk8V6

20 de mayo de 2019

IRIA UXÍA ROMARÍS, VISITA A NOSA ESCOLA

A continuación deixamos unha escolma de fotos de como foi o encontro que tivemos con Iria Uxía Romarís, a cal, é adestradora superior de baloncesto, ademais de Doutora nas Ciencias Físicas e do Deporte. Adestrou a numerosos equipos, entre eles, o Club Xuventude Cambados, o Leyma Basquet Coruña, e na actualidade ao KFC Culleredo. No encontro explicounos como chegou a ser adestradora, os seus maiores éxitos e as dificultades que tivo que superar, sobre todo, relacionadas coa súa condición de muller.

Para ver as fotos, premede na ligazón ou aquí.



8 de mayo de 2019

VISITAMOS O DOLMEN DE DOMBATE!!

Canto nos gustou esta saída!! Poder ver tan cerca este monumento megalítico de case 5000 anos deixounos abraiados!! Tamén nos encantou o Obradoiro de Pintura Rupestre que tivo lugar nunha escola unitaria alí cerquiña. Para ver as fotografías desta visita premede na imaxe:

Dolmen de Dombate

7 de abril de 2019

CONCERTO DIDÁCTICO RAÍCES!!!

No  Palacio da Ópera gozamos coa representación do espectáculo RAÍCES, no que viaxamos ao continente africano para mergullarnos nas súas raíces grazas ao canto, aos instrumentos de percusión e a danza tribal!! Premede na imaxe para ver as fotografías:

 Concerto "Raíces"


3 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019!!!

Fantástica semana a que vivimos no cole: mandadiños, disfraces e desfile!!! Que ben o pasamos na nosa festa do Entroido!!! Desfilamos como auténticos artistas con moito ritmo, cantando e bailando!!  Picasso, Frida Kahlo e Pintor@s ruprestres, este foi o noso Entroido, premede na ligazón para ver as imaxes:

https://photos.app.goo.gl/n8jfnyeLft6MazeL8