Xa queda moi pouquiño para a nosa ansiada visita á CASA DOS PEIXES!!! Para saber máis estivemos mirando a páxina do AQUARIUM FINISTERRAE, onde temos a oportunidade de ver moitísimas cousas, por exemplo, coñecer a sala Nautilus e Maremagnum, coñecer a Gastón, tamén podedes ver como lle dan a comida as focas en directo, etc. Aquí deixamos o enlace:
Pero a nos o que máis nos gustou foi o seguinte, en primeiro lugar, coñecer ao tiburón toro do aquarium GASTÓN!!!!
En segundo lugar ver como nacen DO VENTRE DO PAI os CABALIÑOS DO MAR:
En terceiro lugar chamounos a atención a intelixencia dos POLBOS:
E por último sempre nos gusta ver os PEIXES PALLASO e os PEIXES CIRURXIÁN, que son preciosos. Por certo, deixamos tamén aquí o video das crías dos PEIXES PALLASO do aquarium, a ver canto crecen ata o martes:
Seguro que o pasades fenomenal. Queremos que nos contedes todiño e que nos amosedes as fotos. Un bico.
ResponderEliminar