Co fin de estimular a linguaxe oral dos nosos pitiños cada mes traballamos cunha poesía e cun trabalinguas. A partir de agora imos poñelos no blogue para que dende a casa podades facer uso deste recurso tan esencial.
Poesía para todos os pitiños:
CATRO PAXAROS
CRUZAN O MAR
O CUCO E MAIS A ANDURIÑA
A RULA E O PASPALLÁS
Trabalinguas para os pitiños de 4 e 5 anos:
A CARRETA DE CURRO
TEN UNHA RODA ROTA
UN RATO RUÍN ROEUNA TODA
AI, DA CARRETA DE CURRO!
AI, DA CARRETA SEN RODA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario