24 de junio de 2015

MONKEY DESPÍDESE ATA O PRÓXIMO CURSO!!!

Queridos amiguiños e amiguiñas, Monkey despídese de vos ata o próximo curso, que xa seredes un pouquiño mais grandes. Pero antes quere deixarvos este enlace  con algunha das cancións que aprendimos este ano e outras que pensa que tamén vos poden gustar...para que non vos esquezades del:



E coas imaxes das "butterflyes" que deixastes cada grupo na porta da nosa aula pirata, a vosa mascota dexésavos un moi feliz verán e que o disfrutedes a tope . Moitos, moitos biquiños.






21 de junio de 2015

FIN DE CURSO!!!!!

E chegamos ao final.....Todos os pitiños somos merecedores dunhas vacacións, asi que....FELIZ VERÁN A TODOS!!!! 


18 de junio de 2015

AGASALLO PARA AS MESTRAS DOS PITIÑOS DE 5 ANOS!!!!

Os pitiños de 5 anos fixemos un regaliño para as nosas mestras, queríamos deixarlles un recordo do noso paso polo ciclo de Educación Infantil. A ver que vos parece.....


15 de junio de 2015

GRADUACIÓN DOS PITIÑOS DE 5 ANOS!!!!!

Os pitiños de 5 anos rematan Educación Infantil!!!!! Xa son maiores, xa son nenos e nenas de Primaria!!!! Noraboa a todos/as!!!!








14 de junio de 2015

OS PITIÑOS DE 4 ANOS ESTUDAMOS ÁFRICA!!!!

Cantas cousas aprendemos sobre este fabuloso continente: ÁFRICA!!! Os seus costumes, as súas xentes, a fauna e a flora,....Miramos videos, contos e aprendemos algunha pequena canción africana!!! Queremos agradecer enormemente a todas as familias pola vosa estupenda colaboración!!!





9 de junio de 2015

OS PITIÑOS DE 3 ANOS TRABALLAMOS GALICIA E OS SEUS COSTUMES

Os pitiños de 3 anos, durante o terceiro trimestre, estivemos estudando e investigando a comunidade de Galicia es os seus costumes. Aprendimos moitas cousas sobre a música tradicional galega e os seus instrumentos: zanfona, pandeireta, cunchas, tamboril, pandeiro, e a gaita e as súas partes (soprete, fol e ronco). Para elo, tivemos a axuda do noso robot "PEPA". A continuación, podedes ver canto gozamos!!!!



 Tamén investigamos o traxe tradicional galego e aprendimos o nome dalgunhas pezas: zocos, zocas, enaguas, saia, mandil, dengue, camisa, pano da cabeza (pañoleta), pucho, chaleco, polainas, faixa e cirolas, entre outros. Aquí vos deixamos un exemplo da nosa experiencia.
 

1 de junio de 2015

OS PITIÑOS DE 4 ANOS IMOS Á BIBLIOTECA!!!

Cantos contos nos contou Helena, a bibliotecaria!!!! Primeiro fomos a unha sala onde nos proxectaron uns videos marabillosos e escoitamos  o conto do PEZ ARCOIRIS e do PEZ FERNANDO logo pasamos á sala infantil onde miramos moitísimos contos. Pasámolo xenial!!!